imaxe Luz Darriba

Poema de mi autoría correspondiente al Libro colectivo de Homenaxe a Manuel María
¡Qué cantidá de amor sacrificado!
Manuel  María, “Lembranza de Alexandre Bóveda”, 1972

Se non volvo,
se non volvemos,
non agardedes por nós,
non fomos a ningures,
non traspasamos o son
nin somos partículas do universo no que flotamos.

Se non volvo, se non volvemos,
non agardedes por nós para andar o camiño,
para calmar a terra,
para chimpar nos ocos da esperanza.

Se non volvo,
se non volvemos,
contade con vós mesmos,
con vós mesmas.

Alumeade as fendas dos ouvidos,
tocade en pianos sen teclas,
bordade teas con puntadas invisíbeis,
alcanzade sempre o ceo coas mans.

Se non volvo,
Se ninguén volve,
pensade que vivir é un instante prestado a prazo fixo,
una avaría do tempo,
a penas un aceno.

Non intentedes quedar a toda costa.
Que o lume espalle amodo os nosos pasos
para andaren de novo.

Luz Darriba

Anuncios